Vocabulario

Descargar en formato .pdf (183 kb)

Aridez

A aridez é a relación entre a temperatura e a humidade nun espacio dado. A aridez aumenta coa temperatura e coa escaseza de precipitacións. Existen diversos índices para calculala: o índice de Gaussen mide a aridez mensual, un mes é árido cando 2TºC ≥ Pmm. O índice de Lautensach-Meyer determina a aridez xeral dunha zona a partir do número de meses con déficit de agua (menos de 30mm de precipitación).

Barlovento

Parte dun relevo ou zona orientada cara ó lugar de onde vén o vento. É dicir, ladera dun relevo montañoso exposta ao fluxo ascendente do vento. Ao elevarse o aire, arrefríase, se condensa o vapor de auga que contén e produce precipitacións. En España, a ladera de barlovento dependerá de onde proceda a masa de aire húmida e a disposición do relevo; por exemplo na Cordillera Cantábrica será a vertente norte. Oponse a sotavento.

Inversión térmica

Aumento da temperatura do aire ó aumenta-la altura, cando debera de disminuir segundo o gradiente térmico normal. Así atopamos o aire máis quente sobre o máis frío. E un fenómeno que se produce sobre todo no inverno cando o aire frío, máis pesado, acumúlase no fondo dos vales. Isto débese a que a superficie de contacto co chan, a baixas temperaturas, é maior nas zonas baixas que nos cumes.

Isóbara

Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha mesma presión atmosférica. Nos mapas do tempo, as isobaras trazanse cada 4mbs. Cando o seu valor supera o da presión normal (1013mb) constitúen anticiclones, cando se sitúa por baixo, borrascas.

Isohieta

Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran a mesma cantidade de precipitacións. O seu valor exprésase en mm. En España os valores máis elevados (superiores a 800mm) corresponden ás zonas montañosas e ao norte peninsular; os valores máis baixos (inferiores a 300mm) danse na zona do sureste peninsular e nas illas de Lanzarote e Fuerteventura.

Umbría

É unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val expostas á sombra e oposta á solana. As súas temperaturas máis baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis amplos. En España é a orientada ao norte.