Vocabulario

- Balanza de pagamentos

A balanza de pagamentos é unha conta que rexistra todas as transacións monetarias entre un país e o resto do mundo. Estas transacións poden incluír pagamentos polas exportacións e importacións do Estado en cuestión de bens, servizos, capital financieiro e transferencias financieiras. As fontes de fondos para un país (exportacións, ingresos por empréstimos e investimentos) rexístranse como datos positivos, mentres as importacións ou os investimentos en países estranxeiros se rexistran como datos negativos. Das subdivisións nas que se estrutura a balanza de pagamentos dun país, a balanza comercial é das máis coñecidas, na que entran o valor das exportacións e das importacións
 

- Economía somerxida

Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais. Permite a subsistencia marxinal dun sector máis ou menos amplo da poboación que non recibe as contrapartidas sociais legalmente recoñecidas.

 

- Ecoturismo

Chamamos ecoturismo a unha nova tendencia do Turismo Alternativo, diferente ao Turismo tradicional. Neste enfoque para as actividades turísticas priviléxiase asustentabilidade, a preservación, a apreciación do medio natural e cultural; nesta alternativa turística preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o ambiente e a comunidade local,  e mantendo sempre un respeto ético polas leis laborais e os dereitos humáns dos traballadores implicados.
 

- Franquicia

Cadeas de establecementos pertencentes a empresas xuridicamente diestintas ligadas por un contrato no que unha (a franquiadora) lles concede a outras as concesionarias) a licenza para explotar unha marca ou unha fórmula comercial mediante o pagamento dunha cantidade determinada, achegándolle a asistencia, a publicidade, etc. Este feito, xunto a unha organización do espazo interno e a creación dun ambiente de seguridade e confort ambiental moi similares en todos os casos, confírelles unha personalidade bastante estandarizada. As empresas concesionarias aprovéitanse dos beneficios das compras centralizadas e das campañas publicitarias únicas.
 

- Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte (PEIT)

O Plan Estratéxico de Infraestruturas do Trasporte (PEIT), elaborado polo Ministerio de Fomento de España, é un plan que proxectaba actuacións en infraestruturas e transportes ao longo do período 2005-2020. A planificación permitía crear un marco estable para a política de transporte, coordinar os labores entre administracións e incorporar unha visión europea da política de transporte., fomentando a inserción das nosas vías de comunicación en eixos transeuropeos. Entre os obxectivos do PEIT están o fortalecemento da cohesión social e territorial, incrementar a calidade e seguridade do transporte, contribuir á movilidade sostible e atender á intermodalidade.

- Taxas aeroportuarias

As taxas aeroportuarias son o prezo que en moitos países pagan os viaxeiros, tanto en voos nacionais como internacionais, polo uso dos aeroportos.
 

- Tour operadores

Axencias intermediarias entre o establecemento turístico e as acencias retallistas. Ofrecen paquetes turísticos a un prezo global con todo incluído (transporte, aloxamento e pensión alimenticia).