Vocabulario
Esteiro
Desembocadura dun río cuio cauce se ensancha en forma de V, e dento do cal a marea flúe e reflúe. A maioría dos esteiros son resultado dunha elevación relativa do nivel do mar; e en algúns acumúlanse depósitos mentras que outros mantéñense relativamente libre por efecto do refluxo da marea.
Landa
Formación arbustiva leñosa e densa, que aparece nas zonas de clima oceánico de solos pobres. Constitúe unha degradación do bosque caducifolio ó degradarse por sobreexplotación ou incendio. As especies máis comúns son o toxo, a xesta e o breixo. Adoita usarse como cama para os animais e como abono.
Ría
Entrante costeiro que resulta da invasión do mar no tramo final dun val fluvial. Algunhas son curtas e de boca estreita e outras amplas e profundas (en embudo).
Tómbolo
Illotes rochosos unidos ao litoral por unha barra de area. Poden ser dobres cando son dúas as barras areentas quedando entón unha lagoa entre ambas as dúas.