Vocabulario

- Laurisilva: Tipo de bosque que se localiza nalgunhas illas dos arquipiélagos das Azores, Madeira e Canarias. É moi esixente en humidade, e prefire as vertentes das illas montañosas onde se forman néboas frecuentes. Ao non existiren grandes contrastes estacionais, a maior parte das especies non perden a folla durante todo o ano. O estrato arbóreo está formado por diversas especies, polo que se trata dun bosque pluriespecífico.
 
- Maquis (ou maquia):  É unha formación arbustiva densa típica do clima mediterráneo que pode acadar dous metros de altura, composta de plantas con poucas necesidades de auga (esclerófilas) como a xara, o brezo, o lentisco e a retama.
 
Vexetación clímax: Vexetación que se estableceu por sí mesma nun determinado lugar, en determinadas condicións climáticas, en ausencia de accións antrópicas por un longo tempo, é dicir, é o estado de equilibrio ou cuasi equilibrio asintótico dun ecosistema local.
 
- Vexetación antrópica: Vexetación introducida polo home nun espacio determinado da biosfera polo seu valor económico, ou a degradación da cuberta vexetal existente. Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana, denomínase vexetación secundaria. Un exemplo sería a repoboación de piñeiros e eucaliptos na paisaxe vexetal de clima oceánico.