Vocabulario

Parroquia

División administrativa menor que un municipio, integrada por varias aldeas (propias de Galicia e Asturias). É a categoría tradicionalmente recoñecida ás entidades colectivas de poboación. Como tales non teñen personalidade xurídica ningunha. En Galicia existen 3.781 parroquias que comprenden dende tres ou catro aldeas ata quince ou más. O Estatuto de Autonomía de Galicia prevé que se poida recoñecer, mediante lei, personalidade xurídica á parroquia rural.
 

Municipio

O municipio é a entidade territorial básica. A súa función é prestarlles servizos aos veciños, máis variados canto maior é a súa poboación. O goberno e a administración municipal correspóndelle ao concello, integrado polo alcalde e os concelleiros. Os concelleiros elíxense polos veciños do municipio por sufraxio universal e o alcalde é elixido polos concelleiros
 

Provincia

A provincia é unha entidade territorial local formada por unha agrupación de municipios. A súa función é fomentar os intereses provinciais, prestar servicios de ámbito provincial, coordinar os servizos dos municipios e cooperar con eles. O goberno e a administración provincial correspóndenlle á deputación, intregrada por un presidente e deputados. Os deputados escóllense entre os concelleiros electos e estes, á súa vez, elixen o presidente.
 

Comunidade Autónoma

A comunidade autónoma é unha entidade territorial formada por provincias limítrofes, territorios insulares, ou provincias con entidade rexional histórica, dotadas de autonomía lexislativa e capacidade de autogoberno sobre os asuntos da súa competencia.
 

Estatuto de Autonomía

O Estatuto de Autonomía é a norma legal básica pola que se rexen todas as comunidades autónomas. Nelas establécese a súa denominación, delimitación territorial, identificación das institucións auonómicas existentes e a súa localización, así como as competencias que asumen. O Estatuto de Autonomía de Galicia foi promulgado o 6 de abril de 1981.