Vocabulario

Aluvión: Material case sempre detrítico que presenta unha granulometría diversa (gravas, areas, cantos) e forma depósitos sedimentarios de orixe fluvial. Estos materiais transportados polos ríos, sufriron o desgaste progresivo das súas aristas como consecuencia do choque e frotamento ó que estiveron sometidos.

Foz: Corte profundo, case vertical, que pode chegar a formar un río ao circular sobre materiais duros. Son formas propias do relevo cárstico e do relevo sobre rocas metamórficas.

Litosfera: Capa ríxida e sólida que constitúe a corteza exterior sólida do globo terrestre, situada por riba da astenosfera ou capa viscosa, e que abarca uns 50 Km baixo os continentes e 10 Km. Baixo os océanos. Os continentes e fondos mariños forman parte dela.

Meseta: Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficosde importancia e os seus rebordes poden ser montañosos. En España é a unidade pricipal do relevo peninsular, resto do antigo macizo surxido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordes montañosos.

Penechaira: Forma do relevo que soe ocupar grandes extensións e que, por efecto da erosión, presenta unha superficie suavemente ondulada, sen apenas diferenza de altura ente os vales e os interfluvios. Está formada por materiais antigos e erosionados.

Somontano ou pé de monte: Terreo ou rexión situado na ladeira dunha montaña. Terras chás, aínda que levemente inclinadas, formadas entre as serras exteriores e o centro da depresión do Ebro, que están constituídas por materiais grosos e duros dos relevos montañosos, transportados polos ríos.

Tectónica de placas: Teoría xeolóxica que explica os diferentes fenómenos xeolóxicos a partir dos movementos das placas litosféricas ríxidas sobre a aenosfera branda, movementos que se deben ás correntes de convección existentes no manto.