Vocabulario

Acuicultura: Técnica de cultivo de especies accuáticas vexetais e animais en ambientes físicos controlados, co obxectivo de mater as condicións que estas especies atopan no seu ambiente natural.
 
Agricultura ecolóxica: Tipo de agricultura que prescinde de utilizar produtos químicos (fretilizantas, insecticidas, sementes modificadas, etc.) para aumentar a fertilidade do solo e das plantas, ou limita o uso de fármacos nas explotacións gandeiras. Supón apostar por unha menor produtividade, a cambio de produtos máis saudables e un maior respecto ás candicións ambientais de cada área. A súa maior limitación é que se obteñen produtos máis custosos e, por tanto, de prezos algo superiores no mercado.
 
Denominación de orixe: Certificación de calidade que se outorga a produtos dun determinado territorio do que toman o seu nome, que asegura certas características comúns que todos deben cumprir. Resulta cada vez máis frecuente en produtos agrarios (viños, aceites, carnes, legumes, queixos, doces, etc.).
 
Desagrarización: Proceso de reducción do emprego agrario, ante o maior dinamismo doutras actividades e a mecanización das tarefas do campo.
 
Explotación intensiva: Forma de explotación agraria localizada sobre unha superficie reducida de terreo, que proporciona altos rendementos grazas aos elevados investimentos que recibe en traballo ou no emprego de técnicas avanzadas.
 
Política Agrícola Común (PAC): Política europea composta por unha serie de normas e mecanismos que regulan a produción, o comercio e o tratamento dos produtos agrícolas na Unión Europea co fin de incrementar a produción agraria fomentando o progreso técnico, asegurando o desenvolvemento racional da produción agrícola e gandeira, así como o emprego óptimo dos factores de produción, en particular, da man de obra. O seu orzamento está cercano ao 50% do orzamento comunitario.
 
Política Pesqueira Comunitaria (PPC)Política europea que vai encamiñada a unha explotación sustentable do medio mariño e dos seus recursos e a fomentar o cultivo de especies polo sistema da acuicultura, así como a negociar acordos con países non comunitarios para poder pescar nos seus caladoiros.
 
Silvicultura: Explotación económica dos bosques, dos que se obtén, sobre todo,  madeira, pero tamén, resina, froitos silvestres, etc.
 
Transxénicos: Plantas modificadas xeneticamente, é dicir, sometidas a unha alteración dos seus xenes procedentes doutros organismos para dotalas de certas propiedades: resistencia ás malas herbas e a certas pragas, maior rendemento, etc.